Pode omitir esta sección se non vai usar contrasinais de rede. Se non está seguro, consulte co seu administrador de sistema.
A menos que vaia configurar contrasinais NIS, verá que as opcións MD5 e shadow están seleccionadas. Usándoas fará o sistema o máis seguro posible.
Activar contrasinais MD5 -- permite usar contrasinais longos (ata 256 caracteres) en vez do estándar de oito letras ou menos.
Usar contrasinais shadow -- fornece un método moi seguro para protexer os contrasinais. En vez de gardarense no ficheiro /etc/passwd, os contrasinais almacénanse en /etc/shadow, ficheiro que só pode ler o root.
Activar NIS -- permítelle ter un grupo de ordenadores no mesmo dominio de Servicio de Información de Rede, usando ficheiros de contrasinais e grupos comúns. Hai dúas opcións para escoller:
Nota: Para configurar o NIS, ten que estar conectado a unha rede NIS. Se non está seguro disto, pregúntelle ó seu administrador de sistema.
Dominio NIS -- esta opción permítelle especificar a que dominio ou grupo de ordenadores pertence o seu ordenador.
Servidor NIS -- esta opción fai que o seu ordenador use un servidor NIS específico, en vez de facer unha petición "broadcast" na rede de área local para buscar un servidor dispoñible.
Activar LDAP -- LDAP agrupa certos tipos de información dentro da súa organización. Por exemplo, tódalas diferentes listas de usuarios pódense mesturar nun único directorio LDAP. Para máis información sobre LDAP, consulte a Guía de Referencia de Red Hat Linux. Hai tres opcións para escoller:
Servidor LDAP -- esta opción permítelle acceder a un servidor que usa o protocolo LDAP.
DN Base de LDAP -- esta opción permítelle buscar información dun usuario polo seu Nome Distinguible (DN).
Usar lookups TLS (Transport Layer Security, Seguridade na Capa de Transporte) -- esta opción permite que o LDAP envíe os nomes e contrasinais de usuario cifrados a un servidor LDAP antes da autenticación.
Activar Kerberos -- Kerberos é un sistema seguro que fornece servicios de autenticación de rede. Para máis información sobre Kerberos, consulte a Guía de Referencia de Red Hat Linux. Hai tres opcións para escoller:
Realm -- esta opción permítelle acceder a unha rede que usa Kerberos, formada por un ou uns poucos servidores (tamén coñecidos como KDCs) e un (potencialmente moi elevado) número de clientes.
KDC -- esta opción permítelle acceder ó Key Distribution Center (KDC - Centro de Distribución de Chaves), un servidor que emite tickets de Kerberos (ás veces chamado Ticket Granting Server, Servidor de Concesión de Tickets ou TGS).
Servidor de Admin -- esta opción permítelle acceder a un servidor que está a executar kadmind.