Moitos paquetes de software dependen de outros paquetes ou bibliotecas para funcionaren correctamente. Para asegurar que o sistema ten tódolos paquetes necesarios, Red Hat Linux comproba estas dependencias cada vez que instala ou elimina algún paquete. Se un paquete require outro que non está instalado, existe unha dependencia non resolta.
Un ou máis paquetes que seleccionou teñen dependencias non resoltas. Pode resolvelas seleccionando Instalar paquetes para satisfacer as dependencias. Tamén pode decidir non instalar os paquetes listados con dependencias, ou ignoralas.