Escolla o teclado que mellor sirva para o seu sistema.
Se non pode atopar unha coincidencia exacta, escolla o máis próximo dos Xenéricos (por exemplo, Xenérico de 101 teclas PC).
Logo escolla o tipo do seu teclado (por exemplo, Inglés dos EUA).
Para escribir caracteres especiais (como Ñ, Ô e Ç), é necesario usar as "teclas de tiles" ou "dead keys" (tamén coñecidas como secuencias de composición de teclas). Se quere usar caracteres especiais que as requiran, seleccione Activar teclas de tiles. Se non, seleccione Desactivar teclas de tiles.
Use o campo de texto baleiro na parte de embaixo da pantalla para probar a configuración do teclado.