Selección do Soporte de Linguas

Ten que seleccionar unha lingua predeterminada. Esta será a usada por omisión no sistema Red Hat Linux cando xa estea instalado. Se decide instalar outras linguas, poderá cambiar a lingua predeterminada trala instalación.

Se só vai usar unha lingua no seu sistema, seleccione soamente esa para aforrar espacio no disco. Esta é a configuración por defecto e a recomendada, usando a lingua escollida para a instalación. Sen embargo, se só selecciona unha lingua, será a única que poida usar no sistema Red Hat Linux xa instalado.

Red Hat Linux pode tamén instalar e soportar varias linguas. Para usar máis dunha, escolla as que desexe instalar, ou seleccione todas para telas dispoñibles no sistema Red Hat Linux instalado.

Use o botón Restablecer para cancelar as escollas. Deste xeito voltará á selección por defecto coa lingua que escollera para a instalación.