LILO, o LInux LOader, é un programa que se pode usar para iniciar Red Hat Linux no seu ordenador. Tamén pode arrincar outros sistemas operativos, como Windows 9x. Aquí terá que decidir cómo quere (e se quere) configurar o LILO.
Crear disquete de arrinque: Debería crear un disquete de arrinque se non vai instalar o LILO no MBR, ou se non o vai instalar.
Non instalar o LILO: Pode optar por omitir a configuración do LILO se non o quere instalar no disco duro. Se ten dous discos duros con distintos sistemas operativos en cada un, pode que prefira usar un disquete de arrinque no canto do LILO.
Para instalar o LILO, decida o lugar onde quere instalalo. Se o sistema vai usar unicamente Red Hat Linux, debería escoller o Master Boot Record (MBR). Para os sistemas nos que convivan Win95/98 e Red Hat Linux nun mesmo disco duro, debería tamén instalar o LILO no MBR.
Se ten Windows NT (e quere instalar o LILO), debería instalalo no primeiro sector da partición de arrinque. Lembre tamén crear o disquete de arrinque, doutro xeito non poderá entrar en Linux.
Se decide non instalar o LILO por calquera razón, faga un disquete de arrinque para poder iniciar Red Hat Linux.
Se o seu ordenador non accede ó disco duro en modo lineal, desmarque a opción Usar modo lineal.
Se quere engadir opcións por defecto á liña de comandos do LILO, indíqueas no campo de parámetros do núcleo. Tódalas opcións que introduza aquí serán pasadas ó núcleo de Linux cada vez que arrinque.
Etiqueta de Arrinque: Tódalas particións arrincables están etiquetadas na lista Etiqueta de Arrinque na parte inferior da pantalla (incluíndo as particións usadas por outros sistemas operativos). Se quere engadir etiquetas para outras particións (ou mudar as existentes), prema unha vez na partición para seleccionala, e poderá mudar a etiqueta no campo de enriba.