O programa de instalación tentará agora detectar o seu monitor para determinar as mellores opcións de visualización para esta máquina. Se non é posible detectalo, escolla da lista de monitores o que mellor coincida co modelo que ten este ordenador.
Tamén pode indicar os intervalos de sincronismo horizontal e vertical para o monitor. Estes valores pódense atopar na documentación. Teña coidado ó escribilos; se pon valores que superan a capacidade do equipo, pode causar danos ó monitor. Poña números nestes campos unicamente se os valores do manual non coinciden co monitor seleccionado na lista, e ten a certeza de que a documentación presenta os valores correctos.
Se decide que os valores seleccionados son incorrectos, pode premer o botón Restaurar valores orixinais para voltar ás opcións detectadas que se suxiren.