Configuración do Rato

Escolla o tipo de rato correcto para o seu sistema.

¿Ten un rato PS/2, Bus ou serie? (Consello: Se o conector é circular, ten un rato PS/2 ou Bus; se é rectangular, é un rato serie).

Tente atopar unha coincidencia exacta na primeira caixa da dereita. Se non o atopa, escolla un que sexa compatible co seu. Se non, seleccione o tipo de rato Xenérico apropiado.

Se ten un rato serie, seleccione na seguinte caixa o dispositivo e o porto no que está conectado.

O Sistema X Window está deseñado para usar un rato con tres botóns. Se ten un de dous botóns, Red Hat Linux pode emular o botón central.

Se ten un rato de dous botóns, seleccione a opción Emular 3 botóns. Trala instalación, poderá facer clic cos dous botóns ó mesmo tempo para que actúe como o botón central.