Configuración da Rede

Escolla a súa tarxeta de rede e decida se quere configurala usando DHCP. Se ten varios dispositivos Ethernet, cada un deles terá a súa propia pantalla de configuración, podendo cambiar entre elas (por exemplo eth0 e eth1); a información que indique será específica para cada pantalla. Se selecciona Activar ó arrincar, a tarxeta de rede será inicializada durante o arrinque.

Se non ten acceso de cliente DHCP, ou non está seguro do que é isto, contacte co seu administrador de rede.

Despois introduza, cando sexa necesario, o enderezo IP, a Máscara de rede, e os enderezos de Rede e de Broadcast. Se non está seguro destes datos, consulte ó seu administrador de rede.

Indique un nome de máquina para o seu sistema. Se non o fai, este será coñecido como "localhost".

Finalmente, introduza o enderezo da Pasarela, e os enderezos do DNS Primario, Secundario e Terciario.