Particións

Decida onde desexa instalar Red Hat Linux.

Nota: Se va realizar unha Instalación sen Particións (partitionless), terá que definir unha partición DOS/Windows como raíz, representada por unha /. Prema a partición FAT que queira usar para esta instalación, e logo utilice Editar para asociarlle o punto de montaxe / (root). Prema Aceptar cando remate. Ó confirmar esta escolla, terá que definir a cantidade apropiada para o sistema de ficheiros raíz e para o espacio de intercambio.

Para instruccións máis detalladas, consulte o capítulo Instalación sen Particionar (Installing Without Partitioning) na Guía de Instalación de Red Hat Linux.

Se non sabe como particionar o seu sistema, lea a sección sobre particionamento na Guía de Instalación de Red Hat Linux ou na Guía de Referencia de Red Hat Linux.

Se rematou o particionamento co fdisk, ten que definir os puntos de montaxe para as particións. Use o botón Editar tras seleccionar unha partición, para definir o seu punto de montaxe.

Se está a usar o Disk Druid, terá que definir os puntos de montaxe para unha ou máis particións. Tamén pode que teña que crear e/ou eliminar particións neste punto.

A pantalla superior amosa as particións existentes. Cada unha delas ten cinco campos:

Mentres se despraza a través da sección de Particións, pode que vexa a mensaxe Partición Solicitada sen Asignar (en cor vermella), seguida de unha ou máis particións. Unha razón habitual para que unha partición estea sen asignar é que non teña espacio libre dabondo.

Para arranxar unha partición solicitada sen asignar, terá que movela a outra unidade con espacio dispoñible, redimensionar a particion para encaixala na unidade actual, ou eliminala completamente. Faga as modificacións usando o botón Editar ou facendo dobre clic sobre a partición.

Particionando o seu Sistema

A ringleira central de botóns controla as accións da ferramenta de particionamento. Aquí pode engadir, editar e eliminar particións. Ademais, hai botóns que pode usar para aceptar as modificacións realizadas, ou restablecer e saír da ferramenta de particionamento.

Resumes de Unidades

Esta sección amosa a configuración dos discos do seu ordenador, dun xeito resumido. Cada liña contén os seguintes campos: