Na esquerda da pantalla pode ver unha lista dos grupos de paquetes. Se expande esta lista e escolle un grupo, a lista de paquetes dese grupo aparecerá no panel da dereita.
Para ordenar os paquetes por tamaño, prema a pestana Tamaño (MB). Para ordenalos alfabeticamente, prema a pestana Paquete.
Para seleccionar un paquete individual, prema no cadro ó carón do nome do paquete. Unha marca nese cadro significa que o paquete está seleccionado.
Para máis información sobre un paquete específico, prema o seu nome. A información aparecerá na parte inferior da pantalla.
Tamén pode seleccionar e deseleccionar tódolos paquetes listados nun grupo, premendo os botóns Seleccionar todo o grupo ou Deseleccionar todo o grupo.