SILO, o Sparc Improved LOader, é un programa que se pode usar para iniciar Red Hat Linux no seu ordenador. Tamén pode arrincar outros sistemas operativos, como SunOS e Solaris. Aquí terá que decidir cómo quere (e se quere) configurar o SILO.
Crear disquete de arrinque: Debería crear un disquete de arrinque se non vai instalar o SILO ou se o quere por razóns de seguridade. Se non ten disqueteira, esta opción estará agochada. Se ten unha Ultra fabricada por SMCC, que normalmente non ten disqueteiras arrincables, esta opción estará desactivada por defecto.
Non instalar o SILO: Pode optar por omitir a configuración do SILO se non o quere instalar no disco duro, por exemplo se xa o ten instalado noutra partición ou disco e quere arrincar dende aí.
Para instalar o SILO, decida o lugar onde quere instalalo. Se o sistema vai usar unicamente Red Hat Linux, debería escoller probablemente o Master Boot Record (Bloque de Arrinque da primeira partición do disco). Para os sistemas nos que convivan SunOS/Solaris e Red Hat Linux nun mesmo disco duro, non deberá probablemente instalar o SILO no MBR, especialmente se SunOS/Solaris está na primeira partición do disco.
Se decide non instalar o SILO por CALQUERA razón, faga un disquete de arrinque para poder iniciar Red Hat Linux.
Crear alias na PROM: O programa de instalación pode crear un alias "linux" na PROM, se esta o soporta, de xeito que poida arrincar o SILO dende a liña de comandos da PROM usando "boot linux".
Establecer o dispositivo de arrinque por defecto da PROM: O programa de instalación pode facer que a PROM arrinque por defecto o programa de instalación de Red Hat Linux mediante a opción da PROM "boot-device" ou "boot-from".
Se quere engadir opcións por defecto á liña de comandos do SILO, indíqueas no campo de parámetros do núcleo. Tódalas opcións que introduza aquí serán pasadas ó núcleo de Linux cada vez que arrinque.
Partición Arrincable -- Tódalas particións arrincables están listadas e etiquetadas, incluíndo as particións usadas por outros sistemas operativos. Se quere engadir etiquetas para outras particións (ou mudar as existentes), prema unha vez na partición para seleccionala, e poderá mudar a etiqueta.