Pode configurar a zona horaria seleccionando a localización física do seu ordenador, ou o desprazamento respecto á Hora Universal Coordinada (tamén coñecida como UTC).
Observe as dúas pestanas na parte superior da pantalla. A primeira permítelle a seleccion por lugar. Con esta opción, pode escoller a Vista, coas opcións: Mundo, América do Norte, América do Sur, Pacífico, Europa, África e Asia.
No mapa interactivo, pode premer nunha cidade específica, das indicadas por puntos amarelos, e un X vermello aparecerá na que seleccione.
Tamén pode percorrer a lista de cidades e escoller a zona horaria desexada.
A segunda pestana permítelle usar un desprazamento respecto á Hora Universal Coordinada (UTC). Aquí atopará unha lista de desprazamentos para escoller, así como unha opción para activar a Hora de Verán.
Para ambas pestanas, existe a opción O reloxo do sistema ten a hora universal. (UTC, tamén coñecida como GMT, fará que o sistema manexe correctamente os horario de verán e inverno). Seleccione isto se o reloxo hardware do seu ordenador ten a hora universal (en vez da hora local).