¡Benvido! Este proceso de instalación está descrito con detalle na Guía de Instalación de Red Hat Linux dispoñible en Red Hat, Inc.. Lea o manual completamente antes de iniciar o proceso de instalación.
Pode atopar copias HTML e PDF do manual en http://www.redhat.com. Tamén hai unha copia HTML nos CDs de Red Hat Linux.
Característica: Red Hat Linux ten un modo de instalación coñecido como "partitionless" (sen particións). Se o seu sistema ten unha partición FAT (DOS/Windows) con espacio libre dabondo, pode instalar Red Hat Linux sen reparticionar o disco duro. Esta opción é boa para a xente que quere probar Red Hat Linux interferindo minimamente co sistema actual. Consulte a Guía de Instalación de Red Hat Linux para máis información.
Se mercou a distribución oficial en caixa de Red Hat Linux, lembre rexistrar o producto a través da páxina web (www.redhat.com/apps/activate/).
Durante esta instalación, poderá usar o rato para escoller diferentes opcións. Pode tamén usar o teclado, empregando as teclas Tab e Enter.
Use os botóns Seguinte e Anterior para desprazarse polas pantallas. Prema Seguinte para gardar a configuración e continuar coa seguinte pantalla; prema Anterior para voltar á pantalla anterior sen gardar a información.
Para minimizar esta pantalla de axuda, prema o botón Agochar Axuda.
As notas da versión de Red Hat Linux 7.1 fornecen unha visión xeral das funcionalidades que non están dispoñibles na documentación. Para velas, prema o botón Notas da Versión e aparecerá unha nova pantalla. Prema Pechar para pechar as notas e voltar ó programa de instalación.
Pode cancelar esta instalación en calquera instante ata chegar á pantalla Preparando a Instalación. Cando prema Seguinte nesa pantalla, comezará a instalación dos paquetes e os datos serán escritos no disco duro. Para cancelar antes desta pantalla, pode reiniciar con seguridade o sistema (use o botón reiniciar, ou Ctrl-Alt-Supr).