Benvido a Red Hat Linux

Entrou no modo de reconfiguración, que lle permitirá configurar certas opcións específicas do seu ordenador. Para saír sen facer modificacións, seleccione 'Non' e prema embaixo o botón Seguinte.

Durante a configuración, poderá usar o rato para escoller diferentes opcións. Pode tamén usar o teclado, empregando as teclas Tab e Enter.

Use os botóns Seguinte e Anterior para desprazarse polas pantallas. Prema Seguinte para gardar a configuración e continuar coa seguinte pantalla; prema Anterior para voltar á pantalla anterior sen gardar a información.

Para minimizar esta pantalla de axuda, prema o botón Agochar Axuda.