Aínda que o programa de instalación tenta detectar o mellor controlador de tarxeta gráfica, pode escoller outro se é necesario.
Tras seleccionar a tarxeta gráfica, escolla a cantidade de memoria de vídeo que dispón.
Se decide que os valores seleccionados son incorrectos, pode premer o botón Restaurar valores orixinais para voltar ás opcións detectadas que se suxiren.
Tamén pode decidir Omitir a Configuración das X se non quere configuralas ou quere facelo máis tarde.