Configuración Personalizada

Escolla a profundidade de cor e a resolución para a configuración das X. Prema Probar Configuración para probar as opcións escollidas. Se non lle satisfai o resultado, prema Non durante a proba para escoller outra resolución.

Se instalou GNOME e mais KDE, pode escoller cal deles quere que sexa o ambiente de escritorio por defecto. Doutro xeito, só se amosará GNOME ou KDE como o escritorio predeterminado.

Tamén pode decidir se quere que o sistema Red Hat Linux instalado se arrinque en modo texto ou nun ambiente gráfico. A menos que teña necesidades especiais, recoméndase usar o ambiente gráfico (similar a un ambiente Windows). Se decide arrincar en modo texto, presentaráselle unha liña de comandos (semellante a un ambiente DOS)